miércoles, 14 de abril de 2010

Marionetas de Mali




Os títeres son un arte tradicional tamén en Africa. Así se pode comprobar na exposición de marionetas de Mali que se pode ver entre o 30 de Abril e o 9 de Maio no Centro de las Artes de Sevilla – Monasterio de San Clemente, dentro da programación da Feira Internacional do títere de Sevilla.

A exposición foi presentada no Topic (centro internacional do títere) de Tolosa en Xaneiro deste ano, como primeira mostra temporal. Contou co apio da Fundación Haiac, unha entidad que fomenta o intercambio cultural e artístico hispano-africano.

Pódese ler unha impresión sobre esta exposición nunha crónica periodistica publicada no diario Deia:

A colección de marionetas de Mali está composta por máscaras e crestas, marionetas para castelet, cabezas de animais, cabezas de mèrin ou marionetas habitables que representan persoas, marionetas de variña en xeral, cabezas de castelet, e diversas pezas rituais, ceremoniais, e lúdicas, que dada a súa beleza e gran colorido están mais cerca dun museo de etnoloxía, ou antropoloxía, de arte, ou de deseño moderno, que de artes escénicas, ou decorativas. Non en vano, as culturas africanas serviron de punto de arranque e de apoio ao esclerotizado arte europeo de final del século XIX, tal y como o proban Picasso, Matisse, Iturrino, e moitos outros artistas do sécullo XX. É unha ocasión única para poder contemplar unha boa colección de arte africano.

Voltando ao topic, podese ver na súa web unha galería virtual destes títeres de Mali