viernes, 25 de febrero de 2011

Amistad



En 1839, o barco de escravos español Amistad zarpou dende A Habana cara a Puerto Príncipe, en Cuba.

O barco transportaba 53 africanos que poucos meses antes foran raptados da súa terra natal na actual Sierra Leona, para ser vendidos en Cuba.

Os cautivos rebeláronse contra a tripulación do barco, e mataron o capitán e a outros integrantes, pero deixaron con vida o navegante, para que os levase de volta a África.

En lugar de facelo, o navegante dirixiu a nave ao norte e ao oeste. Tras varias semanas, un navío da mariña dos EUA alcanzou o Amistad fronte á costa de Long Island.

Os africanos foron transportados a New Haven, Connecticut, para ser xulgados por motín, asasinato e pirataría. Posteriormente, estes cargos desestimáronse, pero aos africanos quedaron na cadea, xa que o caso se converteu nun conflito por reclamación do salvamento e dereitos de propiedade.

Nun xuízo ante o Tribunal Federal de Distrito, un grupo de cubanos donos de plantacións, o goberno de España e o capitán do Amistad reclamaron a propiedade dos africanos.

Tras dous anos de batallas legais, o caso chegou ata a Corte Suprema dos EUA, que finalmente ordenou que os cautivos fosen postos en liberdade.

Trinta e cinco dos ex-cautivos regresaron á súa terra natal; o resto morrera no mar ou mentres esperaba o xuízo.

O residente de New Haven William H. Townsend fixo debuxos (e en moitas ocasións rexistrou os nomes) dos cautivos do Amistad no momento do xuízo.

Estes debuxos conserváronse na biblioteca da Universidade de Yale.

Fonte / Biblioteca Digital Mundial