miércoles, 22 de septiembre de 2010

ÁFRICA. Utopía e realidade


Cúmplense este ano 50 anos dende a independencia de varios países africanos: Madagascar, Camerún, Somalia, Benín, R. D. do Congo, Niger, Burkina Faso, Costa de Marfil e Mali, todos eles se independizaron da metrópoli en 1960

Sobre cada un destes países publícouse un análise das circunstancias políticas, sociais e económicas nas que se desenvolveron neste período.

Estes informes, publicáronse en El Mundo, co título ÁFRICA, utopía e realidade.



No apartado titulado máis alá dos tópicos ofrecen, ademais, un tipo de información que normalmente non aparece nos medios.

Na elaboración desta información colaborou Casa Africa, unha entidade pública creada para achegar África a España.




Na súa web ofrecen moita información sobre actividades, concocatorias, etc relacionadas co continente africano, por exemplo o Salón Internacional del Libro Africano: SILA 2010 http://www.silaencuentro.com/

Publican unha colección de literatura, informan sobre cine, música, patrocinan actividades e eventos , ...

Unha iniciativa interesante

martes, 21 de septiembre de 2010

O griot e a kora

h


O griot e o depositario e o herdeiro da tradicion oral africana

Nun reportaxe publicado na web da fundacion sur din:

Historiador oral africano, o “griot” é igualmente un guardián da historia da aldea e das xenealogías dos seus habitantes. É un membro respectado do clan que, antes da aparición da escritura, retiñaa de memoria todos os acontecementos sobresaíntes da vida da aldea: nacementos, falecementos, bodas, estaciós, cazas e guerras, asegurando dese modo a continuidade do patrimonio colectivo, da cultura e da xenealogía do clan.

Os griots son tamén músicos e o seu instrumento é a Kora.

Transmiten o seu oficio e a súa arte de pais a fillos.

Neste enlace poses escoitar a Ali Farka Toure & Toumani Diabate, dous mestres da kora e da música africana:




No corazón da lúa

lunes, 20 de septiembre de 2010

unha historia positiva de Busia, Kenia


Hai novas que non aparecen con frecuencia na prensa.

Esta é unha historia real, publicada en forma de vídeo na páxina web de Médicos Sen Fronteiras

http://www.msf.es/multimedia/videos/2010/historia-victor-una-historia-positiva-busia-kenia

Como informan nesa mesma web:

En 2008, había 33 millones de persoas con VIH/sida.

Dous millóns de persoas, das que 280.000 eran nenos menores de 15 anos, morreron por esta causa.

A enfermidade segue facendo estragos, principalmente en África subsahariana, onde vive o 67% dos enfermos e se rexistra o 72% dos falecementos.

Nos últimos anos, a resposta internacional á pandemia do sida mellorou notablemente. Sen embargo, os tratamentos todavía están lonxe do alcance das persoas que os necesitan.

Pódese ler o informe sobre a actividade de MSF en éste ambito neste enlace:

http://www.msf.es/noticia/2010/kenia-atencion-integrada-para-enfermos-vihsida-en-busia

Realmente é unha historia impactante de superación e de esperanza