Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de enero de 2011

Libros de Africa

O IBBY é unha organización internacional adicada á promoción e o acceso ao libro para a infancia .

“Como Organización Non Gubernamental incorporada a Unesco e Unicef con estatus oficial, o IBBY desempeña un papel capital no apoio aos libros para nenos.”

É o organismo de referencia no que se refire á literatura infantil.

A sección española do IBBY recibe o nome de Organización Española Para el Libro Infantil y juvenil (OEPLI), e sección galega é GALIX.


Na páxina web do IBBY, atopamos unha exposición virtual adicada á literatura africana para nenos chamada Libros para África




Nela podemos atopar información sobre escritores, ilustradores e editoriais do continente africano, a maior parte deles inéditos no noso país. Paga a pena facer unha visita a esta exposición e rastrexar a pegada de tantos autores descoñecidos para nós.


Hai moitas referencias de interés.


Imos reflectir unha delas.


Titúlase Tambores para a paz e está editado por Editions Bakame en Ruanda.


Trátase dunha colección de poemas escritos e ilustrados por nenos de Ruanda, Burundi, Congo e Bélxica de idades entre os 9 e os 12 anos no que reflicten o seu rexeitamento total á guerra e á violencia.


Un canto á tolerancia dende un país que viviu momentos tráxicos non hai moito tempo.




lunes, 3 de enero de 2011

Marie y las estrellas




Pilar Millán é unha artista nacida en Galicia aínda que reside entre Andalucía e Cataluña.

Realiza frecuentemente exposicións e proxectos pictóricos, como se pode ver na súa web

Da súa faceta como ilustradora de libros resalta o feito de que moitos dos seus traballos están ambientados no continenete africano, onde lle gusta viaxar.

Por exemplo no libro "Estas en la luna" de Carmen Montalbán na Ed. Kalandraka, "Contos e lendas de Africa", de Anna Soler Pont en Oxford ou "Mi viaje a Togo" de Anna Rossell, en Ed. Montflorit.

Neste enlace podedes ler o comentario sobre o traballo de Pilar Millán por parte da autora do libro "Estas en la luna"

Neste outro podedes ler o primeiro capítulo

http://www.carmenmontalban.net/recortes/estasen.pdf

Pilar Millán ilustra tamén os seus propios textos.

Marie y las estrellas (Ed. Planeta - Oxford) e o relato dunha nena que quere as estrelas e as busca por todas partes, no pozo, entre as pedras do camiño, debaixo da cama, ... sen saber que basta con mirar ao sitio adecuado, no momento xusto, para atopalas, tal como lle ensina unha noite o vello baobab.

Este libro, escrito e ilustrado cunha linguaxe poética, traspórtanos a un lugar da sabana africana onde o soño desta nena se fai realidade.

Estes días fixemos unha escenificación deste conto na Biblioteca Nodal de Ourense e quedamos todos prendados deste personaxe.

Unha lectura moi recomendable para que os nenos se acheguen á vida no continente africano e ao traballo de Pilar Millán




viernes, 30 de abril de 2010

El Secreto del fuego



"El secreto del fuego" é un libro maravilloso, á vez duro e enternecedor.

Descríbenos a vida de Sofía, unha nena victima dos males que asolan o seu país: a guerra e a pobreza.

"Hai moitas palabras que son expresivas e hermosas.

Unha é a palabra invencible.

Cando a dis en voz alta podes oir o que significa.

Que non te deixas pisar

Que non te rendes..."


Así comeza esta historia, a dunha nena invencible, unha historia real.

Henning Mankel é un autor de éxito, especialista no xénero policiaco, onde desenvolve un estilo moi persoal e eficaz.

Quizas sexa menos coñecida a súa faceta de dramaturgo e de escritor para nenos e xoves.

Reside en Mozambique, onde dirixe o Teatro Avenida da capital, Maputo.

Precisamente nese país africano asolado pola guerra e a fame dende a súa independencia de Portugal no ano 1975, transcorre esta historia á vez tenra e cruel, que logra tocar a fibra sensible, aquela que fai que a literatura teña sentido.

Imprescindible.