Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de febrero de 2011

cartel



Moitas persoas non son conscientes que as decisións que toman repercuten na xente que vive en países en vía de desenvolvemento.

O obxectivo deste cartel é que o espectador se pregunte quen move os fíos da pobreza.

É obra de Joseph Marsh un deseñador gráfico que vive e traballa en Denver, Colorado.

http://twitter.com/JosephMarsh

josephdanielmarsh@gmail.com


miércoles, 14 de abril de 2010

Marionetas de Mali




Os títeres son un arte tradicional tamén en Africa. Así se pode comprobar na exposición de marionetas de Mali que se pode ver entre o 30 de Abril e o 9 de Maio no Centro de las Artes de Sevilla – Monasterio de San Clemente, dentro da programación da Feira Internacional do títere de Sevilla.

A exposición foi presentada no Topic (centro internacional do títere) de Tolosa en Xaneiro deste ano, como primeira mostra temporal. Contou co apio da Fundación Haiac, unha entidad que fomenta o intercambio cultural e artístico hispano-africano.

Pódese ler unha impresión sobre esta exposición nunha crónica periodistica publicada no diario Deia:

A colección de marionetas de Mali está composta por máscaras e crestas, marionetas para castelet, cabezas de animais, cabezas de mèrin ou marionetas habitables que representan persoas, marionetas de variña en xeral, cabezas de castelet, e diversas pezas rituais, ceremoniais, e lúdicas, que dada a súa beleza e gran colorido están mais cerca dun museo de etnoloxía, ou antropoloxía, de arte, ou de deseño moderno, que de artes escénicas, ou decorativas. Non en vano, as culturas africanas serviron de punto de arranque e de apoio ao esclerotizado arte europeo de final del século XIX, tal y como o proban Picasso, Matisse, Iturrino, e moitos outros artistas do sécullo XX. É unha ocasión única para poder contemplar unha boa colección de arte africano.

Voltando ao topic, podese ver na súa web unha galería virtual destes títeres de Mali

miércoles, 31 de marzo de 2010

tinga-tinga




Tinga tinga é un estilo de arte orixinal de Tanzania e foi creado por Eduardo s. Tingatinga, que morreu traxicamente en 1972.

Moitos artistas seguiron con este estilo, mesmo noutros paises como Kenia, etc. Algúns deles constituironse como cooperativa.

O traballo destes artistas naceu como arte para turistas e vendíase no aeroporto. Facíanse utilizando pintura para bicicletas e eran de tamaño pequeno para facilitar o transporte.

É un estilo cheo de cor e fantasía. Normalmente representan animais, dunha forma característica e facilmente recoñecible.

Hai na web diversas galerías virtuais deste estilo:

http://www.insideafricanart.com

http://www.afrum.com


http://www.tingatingastudio.com