domingo, 23 de enero de 2011

Baobab



O baobab africano Adansonia digitata é unha árbore de madeiro masivo, con forma de botella ou irregular e chea de nós.

Os baobabs adoptan a forma de botella durante a etapa de madureza, a partir dos douscentos anos. En boas condicións, sobre chan areento, cun clima morno e chuvias entre 300 e 500 mm poden vivir ata 800 ou 1000 anos, aínda que se fala de exemplares que alcanzaron os catro mil anos.

Algúns baobabs convértense en grandes depósitos nos que se poden almacenar máis de seis mil litros de auga.

Poden chegar aos 25 metros de altura, pero sen dúbida o máis impresionante é o máximo que pode chegar a ter o perímetro do seu madeiro, que é duns 40 metros, aínda que o normal son uns 10 m de diámetro.

Teñen unhas flores brancas con forma de man e producen un froito parecido a un melón pequeno.



As lendas contan que se unha persoa bebe auga na que se mollaron sementes de baobab, quedará protexido do ataque dos crocodilos. Pero se ousa arrancarlle unha flor ao baobab, morrerá devorado por un león.
Pero non todo é lenda, xa que está probado que o baobab é unha árbore moi útil, xa que o seu froito é moi rico en fibra e un excelente alimento. É consumido como pasta e utilizado para elaborar unha bebida refrescante. Coas follas faise sopa, e coa súa codia fabrícanse cordas
.

Unha das institucións que máis importancia tiveron no terreo da oralidade segue hoxe moi viva: a árbore da palabra. Trátase dunha árbore física, emblemático (a miúdo un baobab) que cada aldea elixe como templo da palabra.
Aí reúnense os anciáns da aldea para debater dos asuntos da comunidade. É tamén baixo a sombra da mesma árbore onde se reúnen os nenos e mozos para contar historias, lendas e fábulas.

La Tradición oral en África (José Miguel Fernández-Layos)


Capítulo V

En efecto, no planeta do principiño había, como en todos os planetas, herbas boas e herbas malas. Por conseguinte, de boas sementes saían boas herbas a das semementes malas, herbas malas. Pero as sementes son invisibles; dormen no secredo da terra, ata que un bo día unha delas ten a fantasía de espertar. Enton alóngase estendendo cara o sol, primeiro tímidamente, unha encantadora póla inofensiva. Se se trata dunha podalla de ravo ou de roseira, pódese deixar que creza como queira. Pero se se trata dunha mala herba, coida arrancala inmediatamente en canto un soubo recoñecela. No planeta do principiño había sementes terribles… como as sementes de baobab. O chan do planeta está infestado delas. Se un baobab non se arrinca a tempo, non hai xeito de desembarazarse del máis tarde; cobre todo o planeta e perfórao coas súas raíces. E se o planeta é demasiado pequeno e os baobabs son numerosos, fano estalar.

ANTOINE DE SAINT - EXUPERY

O PRINCIPIÑO