jueves, 20 de enero de 2011

Libros de Africa

O IBBY é unha organización internacional adicada á promoción e o acceso ao libro para a infancia .

“Como Organización Non Gubernamental incorporada a Unesco e Unicef con estatus oficial, o IBBY desempeña un papel capital no apoio aos libros para nenos.”

É o organismo de referencia no que se refire á literatura infantil.

A sección española do IBBY recibe o nome de Organización Española Para el Libro Infantil y juvenil (OEPLI), e sección galega é GALIX.


Na páxina web do IBBY, atopamos unha exposición virtual adicada á literatura africana para nenos chamada Libros para África




Nela podemos atopar información sobre escritores, ilustradores e editoriais do continente africano, a maior parte deles inéditos no noso país. Paga a pena facer unha visita a esta exposición e rastrexar a pegada de tantos autores descoñecidos para nós.


Hai moitas referencias de interés.


Imos reflectir unha delas.


Titúlase Tambores para a paz e está editado por Editions Bakame en Ruanda.


Trátase dunha colección de poemas escritos e ilustrados por nenos de Ruanda, Burundi, Congo e Bélxica de idades entre os 9 e os 12 anos no que reflicten o seu rexeitamento total á guerra e á violencia.


Un canto á tolerancia dende un país que viviu momentos tráxicos non hai moito tempo.