miércoles, 12 de enero de 2011

O lápis máxico




A finais do pasado mes de decembro realizamos na Biblioteca Pública de Ourense un obradoiro de escenificación ao que chamamos "O lápis máxico".

Trátase de crear cos nenos unha proposta teatral a partir dun libro da biblioteca.

Eleximos o libro de Marie e as estrelas e certamente o resultado foi maravilloso.

Traballamos uns 20 nenos e nenas durante catro días. Fixemos a posta en escena, traballamos coa música e a luz, ensaiamos a manipulación dos títeres e a interpretación dos diferentes personaxes e o último día fixemos a representación, á que asistiron os pais e os usuarios da biblioteca



Realmente foi un traballo gratificante para todos.