tunataka wewe a furaha sana mwaka mpya 2011
miércoles, 22 de septiembre de 2010
ÁFRICA. Utopía e realidade
Cúmplense este ano 50 anos dende a independencia de varios países africanos: Madagascar, Camerún, Somalia, Benín, R. D. do Congo, Niger, Burkina Faso, Costa de Marfil e Mali, todos eles se independizaron da metrópoli en 1960
Sobre cada un destes países publícouse un análise das circunstancias políticas, sociais e económicas nas que se desenvolveron neste período.
Estes informes, publicáronse en El Mundo, co título ÁFRICA, utopía e realidade.
No apartado titulado máis alá dos tópicos ofrecen, ademais, un tipo de información que normalmente non aparece nos medios.
Publican unha colección de literatura, informan sobre cine, música, patrocinan actividades e eventos , ...
Unha iniciativa interesante
martes, 21 de septiembre de 2010
O griot e a kora
O griot e o depositario e o herdeiro da tradicion oral africana
Nun reportaxe publicado na web da fundacion sur din:
Os griots son tamén músicos e o seu instrumento é a Kora.
Transmiten o seu oficio e a súa arte de pais a fillos.
Neste enlace poses escoitar a Ali Farka Toure & Toumani Diabate, dous mestres da kora e da música africana:
No corazón da lúa
lunes, 20 de septiembre de 2010
unha historia positiva de Busia, Kenia
Hai novas que non aparecen con frecuencia na prensa.
Esta é unha historia real, publicada en forma de vídeo na páxina web de Médicos Sen Fronteiras
http://www.msf.es/multimedia/videos/2010/historia-victor-una-historia-positiva-busia-kenia
Como informan nesa mesma web:
En 2008, había 33 millones de persoas con VIH/sida.
Dous millóns de persoas, das que 280.000 eran nenos menores de 15 anos, morreron por esta causa.
A enfermidade segue facendo estragos, principalmente en África subsahariana, onde vive o 67% dos enfermos e se rexistra o 72% dos falecementos.
Nos últimos anos, a resposta internacional á pandemia do sida mellorou notablemente. Sen embargo, os tratamentos todavía están lonxe do alcance das persoas que os necesitan.
Pódese ler o informe sobre a actividade de MSF en éste ambito neste enlace:
http://www.msf.es/noticia/2010/kenia-atencion-integrada-para-enfermos-vihsida-en-busia
Realmente é unha historia impactante de superación e de esperanza
viernes, 30 de abril de 2010
El Secreto del fuego
"El secreto del fuego" é un libro maravilloso, á vez duro e enternecedor.
Descríbenos a vida de Sofía, unha nena victima dos males que asolan o seu país: a guerra e a pobreza.
"Hai moitas palabras que son expresivas e hermosas.
Unha é a palabra invencible.
Cando a dis en voz alta podes oir o que significa.
Que non te deixas pisar
Que non te rendes..."
Así comeza esta historia, a dunha nena invencible, unha historia real.
Henning Mankel é un autor de éxito, especialista no xénero policiaco, onde desenvolve un estilo moi persoal e eficaz.
Quizas sexa menos coñecida a súa faceta de dramaturgo e de escritor para nenos e xoves.
Reside en Mozambique, onde dirixe o Teatro Avenida da capital, Maputo.
Precisamente nese país africano asolado pola guerra e a fame dende a súa independencia de Portugal no ano 1975, transcorre esta historia á vez tenra e cruel, que logra tocar a fibra sensible, aquela que fai que a literatura teña sentido.
Imprescindible.
martes, 20 de abril de 2010
Contos dos países lusófonos africanos
Fernando Vale e mestre en literaturas de expresión portuguesa pola Universidade de Lisboa e experto en literatura infantil.
El é o autor do libro Contos tradicionais dos países lusófonos, editado pola Ed. Piaget. No que se recollen contos populares de Angola, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Santo Tome e Príncipe, entre outros.
Con este libro pretende divulgar a literatura popular dos países de fala portuguesa para promover o mutuo coñecemento, instruíndo, educando e divertindo ás crianças.
Según as súas propias palabras os contos teñen potencialidade para axudar a desenvolver áreas vitais do ser humano: actividade, intelixencia e afectividade.
A literatura infantil axuda a crear nas novas xeracións o espíritu de igualdade, respecto mutuo e cooperación.
Na mesma editora, Piaget, teñen volumes específicos adicados aos contos de cada un destes países.
miércoles, 14 de abril de 2010
Marionetas de Mali
Os títeres son un arte tradicional tamén en Africa. Así se pode comprobar na exposición de marionetas de Mali que se pode ver entre o 30 de Abril e o 9 de Maio no Centro de las Artes de Sevilla – Monasterio de San Clemente, dentro da programación da Feira Internacional do títere de Sevilla.
A exposición foi presentada no Topic (centro internacional do títere) de Tolosa en Xaneiro deste ano, como primeira mostra temporal. Contou co apio da Fundación Haiac, unha entidad que fomenta o intercambio cultural e artístico hispano-africano.
Pódese ler unha impresión sobre esta exposición nunha crónica periodistica publicada no diario Deia:
A colección de marionetas de Mali está composta por máscaras e crestas, marionetas para castelet, cabezas de animais, cabezas de mèrin ou marionetas habitables que representan persoas, marionetas de variña en xeral, cabezas de castelet, e diversas pezas rituais, ceremoniais, e lúdicas, que dada a súa beleza e gran colorido están mais cerca dun museo de etnoloxía, ou antropoloxía, de arte, ou de deseño moderno, que de artes escénicas, ou decorativas. Non en vano, as culturas africanas serviron de punto de arranque e de apoio ao esclerotizado arte europeo de final del século XIX, tal y como o proban Picasso, Matisse, Iturrino, e moitos outros artistas do sécullo XX. É unha ocasión única para poder contemplar unha boa colección de arte africano.
Voltando ao topic, podese ver na súa web unha galería virtual destes títeres de Mali
lunes, 5 de abril de 2010
O cazador e o crocodilo
Este é o título dun conto escrito e ilustrado por Baba Wagué Diakité, un artísta nacido en Mali que vive nos Estados Unidos.
Este relato é herdeiro da tradición oral dos contos africanos, que o autor escoltaba da súa aboa. De feito él mesmo é contacontos.
Os protagonistas deste conto son animais: unha vaca, un cabalo, … e o coello, que semella ser sempre o máis intelixente.
Trátase dunha versión dunha historia tradicional que pretende, según o autor, transmitir aos nenos a necesidade de respectar a natureza.
O conto podese ler (en inglés) na web http://es.childrenslibrary.org/, unha biblioteca dixital adicada aos libros infantís.
miércoles, 31 de marzo de 2010
tinga-tinga
Tinga tinga é un estilo de arte orixinal de Tanzania e foi creado por Eduardo s. Tingatinga, que morreu traxicamente en 1972.
Moitos artistas seguiron con este estilo, mesmo noutros paises como Kenia, etc. Algúns deles constituironse como cooperativa.
O traballo destes artistas naceu como arte para turistas e vendíase no aeroporto. Facíanse utilizando pintura para bicicletas e eran de tamaño pequeno para facilitar o transporte.
É un estilo cheo de cor e fantasía. Normalmente representan animais, dunha forma característica e facilmente recoñecible.
Hai na web diversas galerías virtuais deste estilo:
http://www.insideafricanart.com
http://www.afrum.com
http://www.tingatingastudio.com
miércoles, 24 de marzo de 2010
Contos africanos
A dirección do blog é http://www.cuentosafricanos.com/index.php