miércoles, 31 de marzo de 2010

tinga-tinga




Tinga tinga é un estilo de arte orixinal de Tanzania e foi creado por Eduardo s. Tingatinga, que morreu traxicamente en 1972.

Moitos artistas seguiron con este estilo, mesmo noutros paises como Kenia, etc. Algúns deles constituironse como cooperativa.

O traballo destes artistas naceu como arte para turistas e vendíase no aeroporto. Facíanse utilizando pintura para bicicletas e eran de tamaño pequeno para facilitar o transporte.

É un estilo cheo de cor e fantasía. Normalmente representan animais, dunha forma característica e facilmente recoñecible.

Hai na web diversas galerías virtuais deste estilo:

http://www.insideafricanart.com

http://www.afrum.com


http://www.tingatingastudio.com