
Segundo explica Raúl Aguado, Presidente de Medicus Mundi:
Sentímolo moito é unha viaxe ao hospital de Ngovayang (Camerún) a través dos sentimentos e das sensacións.
É un modo diferente de ver e de ensinar a cooperación. Trátase de sentirse partícipe da vida da xente do Sur.
A través dunha expresión artística podemos convivir con quen día a día son os verdadeiros protagonistas do Desenvolvemento: os homes e mulleres de África.
Irene Alós e Dionisio Moreno, invítannos á experiencia de visitar un proxecto (o que medicusmundi apoia no Hospital de Ngovayang, en Camerún) e experimentar o que senten os que alí viven a través de ilustracións e instalacións, que amosan a visión e a inquietude propia do artista, que sempre nos obriga a repensar as nosas certezas nun conxunto suficientemente aberto e suxestivo como para que cada un busque o seu propio significado.
A exposición pódese solicitar no teléfono 924 81 28 98 o no mail extremadura@medicusmundi.es e non leva consigo ningún tipo de gasto, tan só aqueles derivados do transporte.